Mostrando entradas con la etiqueta Novas culturais da Costa da Morte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas culturais da Costa da Morte. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de noviembre de 2012

CONCERTO DE SÉS EN VIMIANZO

Non vos perdades a actuación desta moza, 
Mª Xosé Silvar 
ou, como é máis coñecida, Sés.

Na Casa da Cultura de Vimianzo, 
o próximo domingo día 18, 
ás 6 e media da tarde.

Vaivos gustar.


viernes, 26 de octubre de 2012

UN DOCUMENTAL SOBRE A COSTA DA MORTE CON PREMIO EUROPEO


O documental "Lira, un mar de vida na Costa da Morte" obtivo o Premio do Público no I Green Up Film Festival. Este filme foi realizado hai xa algún tempo pola produtora SAGA TV e a Televisión de Galicia, e ten como protagonista a reserva mariña de Os Miñarzos, en Lira (Carnota) e as persoas que fixeron posible a recuperación do medio mariño tralo desastre do Prestige, do que se cumpren agora dez anos.


Nesta ligazón podes velo.

A produtora deste documental en colaboración co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte,  tamén fixo outros traballos sobre a nosa comarca, que podes atopar nesta Biblioteca.