Mostrando entradas con la etiqueta CINE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CINE. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de diciembre de 2011

ALiCiA En EL PaíS DE LAS MaRaviLLaS


Walt Disney Pictures y Tim Burton presentanos esta magnífica pelicula chea de fantasía.
Conta a historia de Alicia, que ten agora 19 anos. Ela regresa ao mundo que visitou cando era nena para embarcarse nunha historia que a levará a coñecer o seu destino.
"El país de las Maravillas" é un mundo que vai máis alá da tua imaxinación e distinto a outros lugares que xamais visches.

Invítovos a vela. Está dispoñible na biblio do centro.

Un saúdo.

Cometas en el cielo : Libro e película

O autor deste libro é Khaled Hosseini ,un médico musulmán que escapou cara os Estados Unidos trala entrada dos talibáns.
Khaled Hosseini escribiu o libro Cometas en el cielo ; este libro está baseado na conmovedora historia de dous pais e dous fillos , da súa amistade e de como a casualidade como convertirse nun feito inesperado do noso destino.

martes, 13 de diciembre de 2011

TODO É SILENCIO

A última novela de Manuel Rivas trata o tema cercano das redes de contrabando, reconvertidas ao narcotráfico na costa atlántica galega. Nesta novela aparecen reflexado como os círculos cercanos ás mafias e ao crime corrompen e case controlan o poder social, as institucións, os pobos galegos e case, a condición humana.
Esta novela da lugar a unha película dirixida por Jose Luis Cuerda e rodada recentemente en Galicia, con Miguel Ángel Silvestre como protagonista.

martes, 22 de noviembre de 2011

Película da semana

Recomendamos esta peli que vos vai gustar moito na que os sentimentos estarán a flor de pel.

LA VIDA ES BELLA:

Esta película está ambientada na segunda guerra mundial e conta unha historia conmovedora, gañadora de innumerables premios, sobre o poder do amor e o espírito humano. Ademais ten unha música moi pegadiza e moi recoñecida no mundo musical.

Nela cóntase unha historia na que Guido un camareiro, encantador pero algo torpe vaise gañando o corazón dunha doce muller. O que acontecerá despois é unha verdadeira sorpresa!! asi que xa saben... a vela peli!

Dispoñen dela na biblioteca do centro.

Un saúdo.