Aquí tedes a selección de poemas amorosos que fixemos con motivo da celebración do Día dos Namorados.
BLOGDABIBLOSONEIRA
domingo, 24 de febrero de 2013
domingo, 3 de febrero de 2013
CONCURSO DE MICRORRELATOS IRRACIONALES
IV Concurso de Microrrelatos Irracionales
![Somos los irracionales, los que más cifras tenemos, aunque algunos adoptamos chulas formas radicales](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_vKKE_UWROXbp5HHcE8nZg2YRzwg1w87ZmKTlsL1mgf63WJFWU4tdBQsHyfTj_ED8TzRqsvCfZYrUSarU15-BoOLf3lulW_0IneKKaaBnI7dlhBmsBVzYEgGyZwYNHDC2bB4g=s0-d)
Se queredes información, picade no enlace
Organiza la SMPM, la Sociedad Madrileña de Profesores de Matemáticas "Emma Castelnuovo"
Se queredes información, picade no enlace
Grazas Eva
martes, 20 de noviembre de 2012
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Mentres preparamos os actos desta semana, recoméndovos volver a este post que puxo a profe Chus a da Biblio hai agora un ano. Que non esqueza que é moi bo. Mirade e escoitade:
http://blogdabibliosoneira.blogspot.com.es/2011/11/cancions-contra-violencia-de-xenero.html
http://blogdabibliosoneira.blogspot.com.es/2011/11/cancions-contra-violencia-de-xenero.html
lunes, 19 de noviembre de 2012
CONCURSO
Se che gusta o Nadal...
Se che gusta o debuxo, a pintura, o collage...
Lembra que ata o día 10 de decembro está aberto o prazo para participar no concurso de postais de Nadal que convoca o Concello de Vimianzo.
AQUÍ podes ver e descargar as bases.
Sorte!
sábado, 17 de noviembre de 2012
Unha novela ambientada en... Vimianzo?
Tres persoas sen nada en común son asasinadas dun xeito brutal nun pequeno concello da costa galega. Poderá o detective González averiguar quen é o asasino e coñecer o motivo deste crime?
Así se presenta unha novela que se editou hai moi pouquiñas semanas, e que vos recomendo.
Para os que somos de Vimianzo ten un atractivo engadido: ademais da ambientación en lugares moi coñecidos, o seu autor é veciño noso, e por suposto antigo alumno do noso instituto.
Proximamente chegará a esta biblioteca, pero se tedes moita présa xa a podedes atopar na libraría.
viernes, 16 de noviembre de 2012
CONCERTO DE SÉS EN VIMIANZO
Non vos perdades a actuación desta moza,
Mª Xosé Silvar
ou, como é máis coñecida, Sés.
Na Casa da Cultura de Vimianzo,
o próximo domingo día 18,
ás 6 e media da tarde.
Vaivos gustar.
Mª Xosé Silvar
ou, como é máis coñecida, Sés.
Na Casa da Cultura de Vimianzo,
o próximo domingo día 18,
ás 6 e media da tarde.
Vaivos gustar.
Etiquetas:
MÚSICA,
Novas culturais da Costa da Morte
viernes, 26 de octubre de 2012
UN DOCUMENTAL SOBRE A COSTA DA MORTE CON PREMIO EUROPEO
O documental "Lira, un mar de vida na Costa da Morte" obtivo o Premio do Público no I Green Up Film Festival. Este filme foi realizado hai xa algún tempo pola produtora SAGA TV e a Televisión de Galicia, e ten como protagonista a reserva mariña de Os Miñarzos, en Lira (Carnota) e as persoas que fixeron posible a recuperación do medio mariño tralo desastre do Prestige, do que se cumpren agora dez anos.
Nesta ligazón podes velo.
A produtora deste documental en colaboración co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, tamén fixo outros traballos sobre a nosa comarca, que podes atopar nesta Biblioteca.
Etiquetas:
Novas culturais da Costa da Morte
Suscribirse a:
Entradas (Atom)