martes, 22 de noviembre de 2011

Película da semana

Recomendamos esta peli que vos vai gustar moito na que os sentimentos estarán a flor de pel.

LA VIDA ES BELLA:

Esta película está ambientada na segunda guerra mundial e conta unha historia conmovedora, gañadora de innumerables premios, sobre o poder do amor e o espírito humano. Ademais ten unha música moi pegadiza e moi recoñecida no mundo musical.

Nela cóntase unha historia na que Guido un camareiro, encantador pero algo torpe vaise gañando o corazón dunha doce muller. O que acontecerá despois é unha verdadeira sorpresa!! asi que xa saben... a vela peli!

Dispoñen dela na biblioteca do centro.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario