viernes, 26 de octubre de 2012

UN DOCUMENTAL SOBRE A COSTA DA MORTE CON PREMIO EUROPEO


O documental "Lira, un mar de vida na Costa da Morte" obtivo o Premio do Público no I Green Up Film Festival. Este filme foi realizado hai xa algún tempo pola produtora SAGA TV e a Televisión de Galicia, e ten como protagonista a reserva mariña de Os Miñarzos, en Lira (Carnota) e as persoas que fixeron posible a recuperación do medio mariño tralo desastre do Prestige, do que se cumpren agora dez anos.


Nesta ligazón podes velo.

A produtora deste documental en colaboración co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte,  tamén fixo outros traballos sobre a nosa comarca, que podes atopar nesta Biblioteca.